- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Ano de edición:
- 2005
- ISBN:
- 978-84-9782-358-6
- Páxinas:
- 64
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Merlín
EU CONTO, TI CANTAS...
MORENO, MARÍA VICTORIA
Este libro de María Victoria Moreno reúne tres contos de animais escritos en verso e ilustrados por Manolo Uhía: Xa non teño medo, Can branco, can negro e ¿Un cachiño de bica?. Xan vive nunha cidade e ten medo cando se vai deitar; grazas a unha chorumiña comprobará que no ceo sae a lúa e florece o sosego na terra escura. Nicolau é un canciño que foi recibido por todos con aloumiños e festas, mentres que Correcamiños naceu na beiravía da estrada; ambos os dous un bo día xuntaranse nun arrabalde perdido e unirán para sempre o seu destino. Iván coida a Nica, unha cadela ben xeitosa, á que moito lle gosta os cachiños de bica. Tres contos para todos os nenos e nenas de sete anos en diante que buscan o amor nos olliños doces de mel dun can de bondadosas orellas.